Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela, promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Inverólica de Abella, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella (en adiante, o parque eólico modificado), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e incluíuse no réxime especial de produción de enerxía eléctrica o proxecto parque eólico Montes de Abella 1ª fase (DOG núm. 172, do 7 de setembro).

Segundo. Mediante Resolución do 28 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica da 2ª fase do dito proxecto (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Terceiro. Mediante Resolución do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ordenouse a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012 polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Montes de Abella, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto (DOG núm. 91, do 14 de maio).

Cuarto. Mediante Resolución do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse a Invertaresa, S.L. a transmisión dos dereitos e obrigas derivados das autorizacións outorgadas para o proxecto do parque eólico Montes de Abella, nos concellos de Triacastela, Samos e Láncara (Lugo), a favor de Inverólica de Abella, S.L. (en diante, a promotora).

Quinto. O 6.11.2015, a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico modificado.

Sexto. O 22.12.2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial) emitiu informe sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe, non existe ningún dereito mineiro outorgado no espazo proxectado para o parque eólico modificado, só existe a solicitude de permiso de exploración Triacastela nº 6055.

Sétimo. Mediante Resolución do 10 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico modificado.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo de 2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 27 de febreiro de 2017 e no xornal La Voz de Galicia do 2 de marzo de 2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Triacastela e Láncara), da Xefatura Territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no anexo desta resolución:

– Solicitude de modificación do trazado dunha vía de acceso.

– Solicitude de denegación da declaración de utilidade pública.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo e co tipo de aproveitamento.

Oitavo. O 28.6.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou informe a que fan referencia o artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o artigo 66 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal. O 11.8.2017, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes Veciñais e Estruturas Forestais do 18.7.2017.

Noveno. O 27.11.2017, Inverólica de Abella, S.L. presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia un escrito en que solicitou a tramitación do proxecto Montes de Abella modificado conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Décimo. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico Montes de Abella, consonte a disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo primeiro. Mediante Resolución do 22 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (DOG núm. 27, do 7 de febreiro).

Décimo segundo. O 19.1.2018, esta Dirección Xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal o informe de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Décimo terceiro. O 29.1.2018, en aplicación do disposto no número 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia e outorgoulles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos.

Décimo cuarto. O 5.2.2018, a CMVMC Santa María do Monte recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

Décimo quinto. O 5.2.2018, a CMVMC Furco recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

Décimo sexto. O 5.2.2018, a CMVMC San Pedro recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

Décimo sétimo. O 14.2.2018, a CMVMC Rapadas-Meda recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

Décimo oitavo. O 15.2.2018, Amalia López Carballo, Jesús Arias Pérez, Germán López Souto, José Manuel Rodríguez Núñez, Pedro López López e Ramón Arias Sánchez presentaron alegacións en relación coa titularidade de varias parcelas afectadas polas instalacións do parque eólico modificado.

Décimo noveno. O 27.3.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que non existe obxección á declaración de prevalencia da utilidade pública do parque eólico modificado sobre o interese xeral dos montes veciñais en man común.

Vixésimo. Mediante Resolución do 20 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta, do 19 de abril de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (DOG núm. 86, do 4 de maio).

Vixésimo primeiro. O 23.4.2018, a promotora presentou unha modificación do proxecto do parque eólico, solicitando o seu recoñecemento como non substancial. Así mesmo, achegou documentación para solicitar informes ao órgano ambiental e ao órgano competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, sobre as modificacións do proxecto.

Vixésimo segundo. O 9.5.2018, a Xefatura Territorial remitiu á Dirección Xeral copia das alegacións presentadas por Amalia López Carballo e outras persoas o 27.4.2018, e por Manuela García Cordero e outras persoas o 30.4.2018, relativas á solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico modificado. Trátase de alegacións presentadas tras a emisión da Resolución do 20 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fixo público o Acordo do Consello da Xunta, do 19 de abril de 2018, a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo deste acordo.

Vixésimo terceiro. O 30.5.2018, Inverólica de Abella, S.L. presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia documentación relativa ás modificacións na relación de bens e dereitos afectados do parque eólico modificado, así como unha declaración responsable en que a promotora declara, entre outros feitos, que a modificación proposta no Proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Abril 2018, en ningún caso produce afección a novas parcelas e que naquelas en que se incrementa a superficie afectada existe acordo coa propiedade.

Vixésimo cuarto. O 31.5.2018, a promotora achegou o documento Proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Abril 2018, asinado polo enxeñeiro industrial Eloy Prada Hervella e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), co nº 20181579, no que se recolle a configuración e características finais previstas para o parque eólico.

Vixésimo quinto. O 5.6.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe sobre as modificacións solicitadas pola promotora, segundo o establecido no artigo 37.1.d) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo sexto. O 8.6.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe sobre as modificacións solicitadas pola promotora, segundo o establecido no artigo 37.1.e) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo sétimo. O 8.6.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico modificado, a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo terceiro deste acordo.

Vixésimo oitavo. O 11.6.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou tras o modificado, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que non existe obxección á declaración de prevalencia da utilidade pública do parque eólico modificado sobre o interese xeral dos montes veciñais en man común.

Vixésimo noveno. O 11.6.2018, a Xefatura Territorial emitiu informe actualizado sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe, non existe ningún dereito mineiro outorgado no espazo proxectado para o parque eólico modificado, só existe a solicitude de permiso de exploración Triacastela nº 6055.

Trixésimo. Mediante Resolución do 12 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, recoñeceuse como non substancial unha modificación do proxecto do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

Coas modificacións introducidas, as características finais do proxecto son as seguintes:

Solicitante: Inverólica de Abella, S.L.

Domicilio social: avenida de Lugo, 26, 3º, 27500 Chantada.

Denominación: modificación do parque eólico Montes de Abella.

Potencia instalada: 14 MW.

Produción neta: 52.948 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.209 h.

Concellos afectados: Triacastela e Láncara (Lugo).

Orzamento de execución material: 8.131.861,83 euros.

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Aeroxeradores

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

642.057

4.740.320

641.932,57

4.740.105,88

2

642.145

4.740.068

642.020,57

4.739.853,88

3

642.267

4.739.824

642.142,57

4.739.609,87

4

642.403

4.739.576

642.278,57

4.739.361,87

5

643.338

4.739.866

643.213,58

4.739.651,87

Coordenadas da subestación do parque eólico:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

Subestación

643.495

4.739.979

643.370

4.739.765

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Vértices

Poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

643.587

4.740.164

643.462,58

4.739.949,87

2

643.738

4.740.170

643.613,59

4.739.955,87

3

643.782

4.739.589

643.657,58

4.739.374,86

4

643.630

4.739.583

643.505,58

4.739.368,86

5

643.478

4.739.578

643.353,58

4.739.363,86

6

642.775

4.739.524

642.650,57

4.739.309,87

7

642.177

4.739.150

642.052,56

4.738.935,86

8

642.264

4.739.080

642.139,56

4.738.865,86

9

641.702

4.738.380

641.577,55

4.738.165,86

10

641.615

4.738.450

641.490,55

4.738.235,86

11

641.377

4.737.897

641.252,55

4.737.682,85

12

641.322

4.737.672

641.197,54

4.737.457,85

13

640.685

4.737.804

640.560,54

4.737.589,86

14

640.740

4.738.029

640.615,54

4.737.814,86

15

640.798

4.738.266

640.673,54

4.738.051,86

16

641.094

4.738.838

640.969,55

4.738.623,87

17

641.802

4.739.679

641.677,56

4.739.464,87

18

641.457

4.740.448

641.332,57

4.740.233,89

19

642.115

4.740.891

641.990,58

4.740.676,89

20

642.460

4.740.122

642.335,57

4.739.907,88

21

643.437

4.740.159

643.312,58

4.739.944,87

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM

643.043

4.740.096

642.918,58

4.739.881,87

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores Nordex Acciona Windpower AW132, ou similar de 84 m de altura da buxa e 132 m de diámetro de rotor que xerarán unha potencia total de 14 MW.

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Potencia unitaria

X

Y

1

642.057

4.740.320

3.000 kW

2

642.145

4.740.068

3.000 kW

3

642.267

4.739.824

3.000 kW

4

642.403

4.739.576

3.000 kW

5

643.338

4.739.866

2.000 kW

– Subestación transformadora de 12/132 kV a que chegarán as liñas de 12 kV que transportarán a enerxía producida nos xeradores do parque eólico.

– Unha torre meteorolóxica de medición de ata 84 m.

– Liñas de media tensión subterráneas de 12 kV de tensión nominal, para a evacuación da enerxía xerada.

– Edificio de control que albergará as celas de distribución e as celas de protección e medida, así como as celas de mando e control.

– Camiños ou vías, para o acceso a aeroxeradores, torre meteorolóxica, edificio de control e subestación eléctrica.

Trixésimo primeiro. O 28.6.2018, Milagros Bruzos Pérez presentou alegacións relativas á solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico modificado.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta á alegación relativa á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

2. No que respecta ás solicitudes de denegación de utilidade pública, a promotora manifestou a súa vontade de alcanzar acordos amigables cos titulares dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico modificado. No caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente modificación axustarase ao cumprimento no establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de abril de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L., así como á declaración responsable a que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo terceiro deste acordo.

Segundo. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico modificado sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, en conformidade cos informes da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 27.3.2018 e do 11.6.2018.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sétimo:

Cayetano Maside Pérez, o 10.3.2017; Mª del Carmen Díaz Tallón, o 13.3.2017; Jesús Arias Pérez, no nome e representación da CMVMC Rapadas-Meda, o 14.3.2017; Amalia López Carballo, o 14.3.2017; Pedro López López, o 14.3.2017; Germán López Souto, o 14.3.2017; José Manuel Rodríguez Núñez, o 14.3.2017; Ramón Arias Sánchez, o 14.3.2017; Sandra Sobrado Báscuas, Juan Carlos Pérez Núñez, Sara Poy Arias, Manuela García Cordero, José López Iglesias, Pilar Tallón López, Juan Luis Viñas Landín, Mª Carmen Díaz Tallón, Concepción Díaz Tallón, Mª Pilar Díaz Tallón, Celia Díaz Regueiro, Manuel Valín Fernández, Benigno Maside Arias, o 27.3.2017; Juan Luis Viñas Landín, o 31.3.2017; Manuel Vázquez Díaz, o 3.4.2017; José Lago Castro, o 3.4.2017; Manuel Díaz Alfonso, o 3.4.2017; Manuel Díaz Alfonso, no nome e representación da CMVMC Santa María do Monte, o 3.4.2017; Luis Pereira Gago, no nome e representación da CMVMC San Pedro de Ermo, o 3.4.2017; Manuel Lago Torre, o 10.4.2017; Cayetano Maside Pérez, o 11.4.2017; Milagros Bruzos Pérez, o 11.7.2017.