Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017100AM-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de maio de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2017100AM-OU incoado a Explotacións Cinexético Turísticas do Río Limia, S.L., CIF B32287526, como responsable do establecemento Aldea Rural Couso Galán, sita na estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus-Ourense).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita Lei, notifícaselle a Explotacións Cinexético Turísticas do Río Limia, S.L., CIF B32287526, como responsable do establecemento Aldea Rural Couso Galán, sita na estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus-Ourense), o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, no seu caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, é poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 26 de xullo de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017100AM-OU.

Interesada: Explotacións Cinexético Turísticas do Río Limia, S.L., responsable do establecemento Aldea Rural Couso Galán.

DNI/NIF/CIF: B32287526.

Último enderezo coñecido: estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus-Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria: Real decreto 865/2003.

Sanción proposta: mil seiscentos euros (1.600 €).