No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra interpúxose o recurso contencioso-administrativo co número de procedemento abreviado 107/2018, promovido por Cecilia Albarenga Olmedo contra a resolución desestimatoria parcialmente do recurso de reposición fronte á resolución da alcaldía de adscrición ao posto de traballo.
En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e dando cumprimento ao requirimento efectuado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, con data do 20 de abril de 2018, notifícase aos interesados/as para que, se ao seu dereito convén, poidan comparecer perante o referido xulgado no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da recepción da notificación desta resolución.
Tomiño, 20 de xullo de 2018
Sandra González Álvarez
Alcaldesa