Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 38063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de emprazamento (procedemento abreviado 122/2018).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra interpúxose o recurso contencioso-administrativo co número de procedemento abreviado 122/2018, promovido por Ana Sánchez Diz contra a resolución desestimatoria do recurso de reposición fronte á resolución da alcaldía de adscrición ao posto de traballo de técnico de orientación laboral.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e dando cumprimento ao requirimento efectuado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, con data do 20 de abril de 2018, notifícase aos/ás interesados/as para que, se ao seu dereito convén, poidan comparecer perante o referido xulgado no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da recepción da notificación desta resolución.

Tomiño, 20 de xullo de 2018

Sandra González Álvarez
Alcaldesa