Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 38013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Bouza Brey, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 44 dos estatutos sociais (redución do capital social mínimo) da entidade Bouza Brey, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 21 de maio de 2018, por unanimidade. Consta como novo capital social mínimo 35.000,00 €.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 44 dos estatutos (redución do capital social mínimo) da entidade Bouza Brey, S. Coop. Galega.

Vigo, 30 de xullo de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica