Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (583/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 583/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Melania Mira Pérez contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse Resolución o 6 de xullo de 2018 contra a que non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza