Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37829

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1663/2018).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1663/2018 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 341/2017 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez)

Avogada: Cristina Suárez Gestal

Recorridos: Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles S.L., Perseo Téxtil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Téxtil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Confecciones Deus(Isaias González García), María del Carmen Leis Noya, e administración concursal Shivshi, S.L.(Alejandro Jimeno-Bayón Forteza)

Avogados: Alberto José García Vilaboy, José Antonio González Seoane, José Ramón Millán Cidón, Isaias González García e Marcos Gende Periscal

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1663/2018 desta sección, seguidos por instancia de administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez) contra a empresa Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

A Sala acorda: inadmitir o recurso de suplicación interposto por administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez) fronte á sentenza do 11 de xaneiro de 2018 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, que se declara firme.

Devólvanse as actuacións ao xulgado de instancia e arquívese a peza desta sala.

Notifíquese a presente resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente e facéndolle saber, ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de Consignacións deste tribunal.

E para que sirva de notificación en legal forma a confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Perseo Téxtil, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. y administración concursal Shivshi, S.L.(Alejandro Jimeno-Bayon Forteza), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza