Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 9 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación dun poliduto, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola construción dun poliduto e instalacións auxiliares para descarga do cru no porto exterior de punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50), por Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 28 de marzo de 2018, a favor da entidade beneficiaria Repsol Petróleo, S.A., con enderezo en estrada de Bens, s/n; 15008 A Coruña.

De conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, acórdase sinalar os días 10, 11, 12 13 e 14 de setembro de 2018 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidumes de paso, contidos na relación de predios que se expoñen xunto con este acordo nos taboleiros de edictos dos concellos de Arteixo e A Coruña, deducida da que se someteu a información pública no DOG de datas 15.12.2016 e 31.8.2017, no BOP de datas 24.10.2016 e 21.8.2017 e no xornal La Voz de Galicia de datas 26.10.2016 e 2.9.2017, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de levantamento efectivo das actas previas nas oficinas da casa consistorial do Concello de Arteixo, os días 10, 11 e 12 de setembro, e nas dependencias do Centro Cívico Municipal A Silva da Coruña, os días 13 e 14 de setembro.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 9 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña