Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 927/2016).

PO procedemento ordinario 927/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Begoña Castelao Ferreiro

Avogada: Laura Andrea Rodríguez Vidal

Demandados: Construcciones La Rosaleda, S.L., Convenia Profesional, S.L.P., Fondo de Garantia Salarial

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 927/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña Castelao Ferreiro contra Construcciones La Rosaleda, S.L., Convenia Profesional, S.L.P. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3, dá fe e testemuño:

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018.

Elena Calleja Curros maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela tras ter visto o presente procedemento ordinario 927/2016 por instancia de Begoña Castelao Ferreiro, contra Construcciones La Rosaleda, S.L., Convenia Profesional, S.L.P. e Fondo de Garantía Salarial, en nome do rei, pronunciou a seguinte:

Sentencia 330/2018.

Decido.

Estímase a demanda interposta pola parte demandante fronte a Construcciones La Rosaleda, S.L., e condénase a demandada ao aboamento de 4.000 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao administrador concursal coa indicación de que contra esta resolución cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido este edicto que asino en Santiago de Compostela, o 29 de xuño de 2018. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones La Rosaleda, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza