Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento do expediente IG190.2017.1.46.ASES, relativo a unha axuda aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Feder Galicia 2014-2020.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, ponse en coñecemento da empresa Convence Abogados, S.L., titular do expediente IG190.2017.1.46.ASES, relativo a unha axuda aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 19 de xullo de 2016, DOG núm. 146, do 3 de agosto), que con data 24.5.2018, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento parcial das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á modificación da axuda en especie inicialmente concedida.

O acto obxecto deste anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle ao titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas, os titulares dos expedientes poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica