Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación escolar no Milladoiro.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión celebrada o día 26 de xullo de 2018, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación escolar no lugar do Milladoiro.

De conformidade co establecido no artigo 293.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no portal de transparencia deste concello.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (departamento de Urbanismo), situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 31 de xullo de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde