Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de información pública para residencia da terceira idade.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión ordinaria celebrada o 23 de xullo de 2018, adoptou acordo de aprobación inicial do Plan especial de dotacións para situar unha residencia da terceira idade en Cerdedo-Cotobade.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Diario de Pontevedra.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a na Casa do Concello (Chan, 11, Carballedo), das 9.00 ás 14.00 horas, para formular as alegacións que se consideren pertinentes, así como na sede electrónica da entidade (http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0).

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cerdedo-Cotobade, 6 de agosto de 2018

Jorge Cubela López
Presidente