Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37406

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (177/2017).

EXE exequatur 177/2017

Sobre outras materias

Demandante: Miguel Ángel Díaz Peñalba

Procuradora: María Teresa Villot Sánchez

Avogado: Javier Lois Bastida

Demandado: Sherley Dayan Castillo Vergara

Ministerio Fiscal

Auto 325/2018.

Maxistrada xuíza, María del Carmen Salvador Mateos

Vigo, 13 de xullo de 2018

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola procuradora Teresa Villot Sánchez, actuando en nome e representación de Miguel Ángel Díaz Peñalba, presentouse o 13.2.2017, solicitude de expediente de recoñecemento de resolución estranxeira, sobre recoñecemento en España de Sentenza de divorcio do 12.4.2005 ditada polo Xulgado Primeiro Seccional de Familia do Segundo Circuíto de Panamá.

Segundo. Admitido a trámite o expediente concedeuse o prazo de trinta días á parte pasiva Sherley Dayan Castillo Vergara, para comparecer en forma, o que se verificou por medio de edictos, logo de transcorrer o prazo sen que o efectuase.

Terceiro. Conferido traslado ao Ministerio Fiscal, este emitiu informe do 2.7.2018, no sentido de non se opoñer ao recoñecemento da resolución solicitada.

Fundamentos de dereito:

Único. Consta nas actuacións que, a Sentenza do 12 de abril de 2005 cuxa homologación se pretende, declarando divorciado o matrimonio formado por Miguel Ángel Díaz Peñalba e Sherley Dayan Castillo Vergara, foi ditada polo Xulgado Primeiro Seccional de Familia do Segundo Circuíto de Panamá.

Oíuse o Ministerio Fiscal, quen non se opuxo ao recoñecemento e execución da resolución estranxeira.

A dita sentenza é conforme co ordenamento xurídico español e logo de adquirir firmeza e ao non concorrer ningún dos supostos que recolle o artigo 46 da Lei 29/2015 de cooperación xurídica internacional en materia civil, como causas para denegar o recoñecemento, é procedente recoñecer a validez e eficacia en España da sentenza a que se refire este procedemento.

Parte dispositiva:

Acordo considerar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequatur, efectuada pola procuradora Sra. Villot Sánchez, actuando en nome e representación de Miguel Ángel Díaz Peñalba, fronte a Sherley Dayan Castillo Vergara e declarar recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada no 12.4.2005 polo Xulgado Primeiro Seccional de Familia do Segundo Circuíto de Panamá.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 da LEC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituírse ingresando a citada cantidade na conta deste expediente con número 3632, da entidade Santander, indicando, no campo “Concepto”, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza