Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37404

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1050/2018 MRA).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1050/2018 desta sección, seguido por instancia de Sebastián Gonzalo Díaz Prieto, Modesto Pérez González contra o Fogasa, Galicia Mundo Recambio, S.L., Industrias Reg Galicia, S.A. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Sebastián Gonzalo Díaz Prieto e Modesto Pérez González contra a sentenza do 10.11.2017 ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña no procedemento nº 607/2015 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos expido este edicto, que asino na Coruña, 6 de xullo de 2018. Dou fe.

O/a letrado/a da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Reg Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza