O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 27 de xuño de 2018, ditou resolución pola que non se admite por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto por Amalia Parra Santamarina contra a resolución do director da Axencia do 6 de setembro de 2016, pola que se lle impón unha multa coercitiva en relación coas obras levadas a cabo na rúa Garduña, 22, Broño, parroquia de Maianca, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística