Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xullo de 2018 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/105/2017-RP1.

O 29.6.2018, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/105/2017-RP1, tramitado pola realización de actuacións abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar das Illas Cíes, 13, termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución a Gonzalo Martínez Pereira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita proposta de resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para que poida examinar o expediente e obter as copias dos documentos que constan neste, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística