Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para coñecemento da Resolución do 11 de maio de 2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio ao interesado con DNI nº 32752839-B na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o prazo sen que esta se efectuase, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 11 de maio de 2018.

Interesado: 32752839-B.

Último enderezo coñecido: rúa Linneo, 4-Urb. Breogán, 1ª fase, 15190 Feáns (A Coruña).