Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corretor de seguros persoa xurídica e a exclusión do Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corretores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia da sociedade Ferca Servicios Inmobiliarios S.L.

De conformidade co disposto na letra b) do artigo 53.1 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corretores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como corretor de seguros persoa xurídica e, por conseguinte, excluír do citado rexistro de mediadores autonómico a sociedade Ferca Servicios Inmobiliarios, S.L.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral polo incumprimento dos requisitos establecidos para que a sociedade poida figurar inscrita no rexistro administrativo ao non acreditar o exixido no artigo 21 da Lei 26/2006 para manter a inscrición, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 56.1.c) da Lei 26/2006 e no artigo 12.2 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira,Tesouro e Fondos Europeos

ANEXO

Clave do rexistro: GX-023.

NIF: B15642622.

Denominación social: Ferca Servicios Inmobiliarios, S.L.

Localidade: Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 28.6.2018.