Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37071

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 852/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 852/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hugo Manuel Vázquez Vázquez contra Recoge Galicia de Gestión, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 852/2017.

Demandante: Hugo Manuel Vázquez Vázquez.

Letrada: Sra. Garrido Dalmau.

Demandada: Recoge Galicia de Gestión, S.L.

Fogasa.

Sentenza nº 84/2018.

A Coruña, 20 de marzo de 2018.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Hugo Manuel Vázquez Vázquez contra a empresa Recoge Galicia de Gestión, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no punto anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 4.300,33  €.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 45,99 euros/día.

O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicado no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

Para que sirva de notificación en legal forma a Recoge Galicia de Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza