Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de xullo de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 36-BONAL-127/2017 e tres máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de xullo de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Asunto: notificación en relación co procedemento bono de alugueiro social do Plan rehaVita. Participación no programa de subvencións.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

36-BONAL-127/2017

María Alicia González Simón

...974 F

36-BONAL-051/2018

Carmen Gallego-Comesaña Rodríguez

…405 B

36-BONAL-076/2018

Isabel Carrera Piedras

...161 D

36-BONAL-088/2018

María Eva Calvo Núñez

...794 S