Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, na rúa Vicente Ferrer, número 2, 9º piso, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de xullo de 2018
Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto da notificación |
Anxo Ramos Olveira |
...560K |
Notificación da resolución pola cal se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda de promoción pública. Expediente C-40-IV/76, conta 162 |