Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 164/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 164/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Pérez Blanco contra Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse auto coa seguinte parte dispositiva:

«Dispoño ter por desistida a María Dolores Pérez Blanco da súa demanda fronte a Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L. e o Fogasa, da demanda interposta.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas y Mantenimientos de Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza