Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36806

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2003/2018 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2003/2018 CRS

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 333/2017 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrentes: administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez)

Avogado: Cristina Suárez Gestal

Recurridos: Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Fraga (Juan Carlos Rodríguez Maseda), administración concursal Plataforma Costurera (Iberfis Titulados Mercantiles & González Seoane), administración concursal Confecciones Deus (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, administración concursal Deus Creaciones (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), administración concursal Costura Invisible (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), Laura María García Torreira.

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2003/2018 desta sección, seguido por instancia de administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez) contra Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Fraga (Juan Carlos Rodríguez Maseda), administración concursal Plataforma Costurera (Iberfis Titulados Mercantiles & González Seoane), administración concursal Confecciones Deus (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), administración concursal Deus Creaciones (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), administración concursal Costura Invisible (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), Laura María García Torreira, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

A sala acorda inadmitir o recurso de suplicación interposto pola administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez) fronte á Sentenza do 2 de novembro de 2017 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, que se declara firme.

Devólvanse as actuacións ao xulgado de instancia e arquívese a peza desta sala.

Notifíqueselles a presente resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción en que a resolución incorrese a xuízo do recorrente, e facéndolle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal.

Así por este auto, pronunciámolo, mandámolo e, así mesmo, asinámolo coa letrada da Administración de xustiza da sala».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza