Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2018/105-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Confucovi, S.C.G.

Domicilio social: rúa Galileo Galilei, 36, 1D, polígono A Grela-Bens, 15008 A Coruña.

Título: centro de transformación subterráneo en edificio prefabricado de 630 kVA en parcela Z-17, sector 10, parque ofimático.

Situación: parcela Z-17, sector 10, Parque Ofimático A Coruña.

Características técnicas: CT soterrado prefabricado, compacto, en parcela Z-17 sector 10 Parque Ofimático A Coruña, de 630 kVA, relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña