Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento do requirimento do 19 de xuño de 2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio a DNI 32764041N, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, publícase unha indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, para o coñecemento íntegro do dito requirimento, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Xustiza da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2 da Coruña. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o prazo sen que esta se efectuase, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 12 de xullo de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto de notificación: requirimento do Servizo de Xustiza da Xefatura Territorial da Coruña.

Data do requirimento: 19 de xuño de 2018.

Interesado: DNI 32764041N.

Último enderezo coñecido: avenida da Concordia, 14, 3º dereita, 15009 A Coruña.