Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se especifican no anexo, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que estimen conveniente.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº de expediente

Recorrentes

Acto notificado

Sentido do acto notificado

OU-2018/00011

Neysa Zaibett Padilla Cadena

Luz Elena Díaz Puentes

Resolución do recurso de alzada

Desestimación