Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 70/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 70/2018

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 394/2017

Sobre despedimento

Demandante: María Carmen Posse

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A. e o Fogasa

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Posse contra Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., en situación de insolvencia total polo importe de 19.857,24 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 1.985,72 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens da executada.

c) Unha vez fire a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza