Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente LU-0000037401 e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren citadas nos procedementos instados polos interesados, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de non presentarse á citación notificada se concorre a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, transcorridos tres (3) meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, producirase a caducidade do procedemento, acordarase o arquivamento das actuacións.

Lugo, 27 de xuño de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/PROC BS210A

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000037401

Fe González Mangana

(*****401-K)

Citación BS210A

7.8.2017

LU-0000037400

Joaquín Arcos Seara

(*****078-X)

Citación BS210A

7.8.2017

LU-0000037789

Victoria Zagrean

(*****392M)

Citación BS210A

29.10.2017

LU-0000037701

Alfredo Mejuto Taboada

(*****575-F)

Citación BS210A

29.10.2017

LU-0000038008

María Josefa Quiroga González

(*****516-Z)

Citación BS210A

18.12.2017

LU-0000037893

Alicia Redondo Rivas

(*****516-Z)

Citación BS210A

18.12.2017

LU-0000038407

María del Carmen Cardesín López

Citación BS210A

15.3.2018