Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Medatlantia Consultoría Europea, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Medatlantia Consultoría Europea, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 3 de xullo de 2018, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é na rúa Mendaña de Neyra, nº 8, 1º A, CP 15008, concello da Coruña.

A Coruña, 19 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña