Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2013/0055-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza ditada pola Audiencia Provincial Sección número 2 de Pontevedra, ditada no procedemento abreviado 170/2014, polo accidente laboral do traballador Carlos González Couto.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial; Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación.

• Escrito de alegacións (23.3.2013).

• Copia da sentenza da Audiencia Provincial.

Expediente: RL 2013/0055-4.

Acta número: I362013000017761.

Empresa: Manuel Mosquera García.

NIF/DNI: 35236851-T.

Enderezo: Cira; Silleda.

Vigo, 20 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santome
Xefe territorial de Pontevedra