Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 964/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 964/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra as empresas CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Cinemar Films, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Vídeo Galicia, S.A., Radio-Televisión de Galicia, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Televisión de Galicia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A., Radio-Televisión de Galicia, S.A., Editorial Compostela, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor S.A., CTV, S.A., Área 51 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertaiment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A. e Doblesón, S.L., debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 1.485,78 euros en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos meses de xullo, agosto e setembro de 2014 e complemento de capacitación e permanencia dos meses de xullo e agosto de 2014, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución ata o completo pagamento, e debo condenar e condeno as restantes codemandadas a estar e pasar pola devandita declaración.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Vídeo Galicia, S.A., Sodinor, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza