En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 9/2018 M.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=275144
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: prestación do servizo de asistencia técnica para a coordinación do desenvolvemento do Plan de transporte público de Galicia (PTPG) en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado: 220.827,42 €.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 220.827,42 €. Importe total: 267.201,18 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 24.5.2018.
b) Data de formalización do contrato: 20.6.2018.
c) Adxudicatario: UTE KPMG Asesores, S.L.-Iceacsa Consultores, S.L.U.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 197.132,64 €. Importe total con IVE: 238.530,49 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda