Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2018/1458524.

Data: 30.5.2018.

Solicitante: Alejandra Pérez Maquez (en representación do Concello de Bergondo).

Especie: Fagus sylvatica L.

Localidade: Vixoi.

Concello: Bergondo.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 55183/RX1474412.

Data: 31.5.2018.

Solicitante: Leticia Martín-Montalvo Fernández.

Especie: Eucalyptus globulus Labill.

Localidade: O Raxal (Alemparte).

Concello: Foz.

Provincia: Lugo.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

A directora xeral de Patrimonio Natural
P.D. (Resolución do 9.7.2018)
Susana Cuesta Fariña
Subdirectora xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas