Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 35939

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xuño de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Los Sauces, de Pontevedra.

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Los Sauces, de Pontevedra, solicita a ampliación de seis 6 unidades de educación primaria e a supresión dos ciclos formativos de grao superior autorizados.

Conforme a Orde do 12 de xaneiro de 2000 (DOG do 8 de febreiro), autorízase o mencionado centro para impartir 3 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, 4 unidades de bacharelato, 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de Sistemas Informáticos, 1 CS Xestión Comercial e Márketing e 1 CS Información e Comercialización Turísticas (LOXSE). Estes ciclos foron transformados nos seguintes ciclos LOE: 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede, 1 CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e 1 CS Guía, Información e Asistencia Turísticas.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a ampliación de 6 unidades de educación primaria e a supresión do CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede, 1 CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e 1 CS Guía, información e Asistencia Turísticas, no centro privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación: centro privado (CPR) Los Sauces.

Código do centro: 36019633.

Domicilio: estrada de Campañó a Cabaleiro.

Localidade: Pontevedra.

Concello: 36157 Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Gomfel, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria