Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35837

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (504/2017).

Eu, María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, dou fe de que no procedemento de divorcio contencioso número 504/17 seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria se ditou a sentenza cuxo encabezado e parte dispositiva desta son do teor literal seguinte:

Sentenza. Sarria, 6 de xuño de 2018. Vistos por min, Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de adscrición territorial da provincia de Lugo adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos civís de xuízo verbal de divorcio contencioso número 504/2017 iniciado por instancia Estybalyz Yelytza Pomare Hernández, representada pola procuradora Victoria Eugenia López Díaz e asistida pola letrada Cristina Vázquez López, fronte a Wilfredo Carreño Espinosa quen é declarado en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal. Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Anxo Manuel Fernández Saborido, en nome e representación de Estybalyz Yelytza Pomare Hernández, fronte a Wilfredo Carreño Espinosa, debo declarar e declaro disolto, por causa de divorcio, o matrimonio formado polos expresados cónxuxes celebrado en forma civil o 21 de marzo de 2014, con revogación dos poderes existentes entre ambos, adoptando as seguintes medidas:

– Decrétase a disolución do réxime económico matrimonial de sociedade de gananciais, mentres non se proceda á liquidación da sociedade de gananciais rexerá entre as partes o réxime de separación de bens.

– Atribuír a garda e custodia dos fillos menores a Estybalyz Yelytza Pomare Hernández exercendo ambos os proxenitores a patria potestade de forma compartida. O pai, proxenitor non custodio, terá dereito a ter os fillos comúns na súa compaña dous días entre semana. Os días e hora de recollida dos fillos fixarano de común acordo ambos os proxenitores, e para o suposto de imposible acordo, fíxanse como días de estadía dos fillos co pai os martes e xoves, e o pai recollerá os fillos á saída do colexio e reintegraraos ás 19.00 horas no domicilio onde resida a nai. Todos os fins de semana alternos recollerá os nenos ás 20.00 horas do venres no domicilio onde resida a nai e reintegraraos a este ás 19.00 horas do domingo. Se houber unha festividade ou ponte inmediatamente antes ou despois dunha fin de semana acumularase á fin de semana e corresponderá ao proxenitor con que os menores se encontren gozando o dereito de visita ou estadía. As vacacións de Nadal gozaranse conforme as vacacións escolares e serán divididas por metades, correspondendo un período a cada un dos proxenitores que será distribuído segundo o común acordo de mans, alternando cada ano as festividades co fin de poder gozar alternativamente ambos os proxenitores destas. Para o suposto de desacordo corresponderá a elección os anos pares á nai e os anos impares ao pai. Os períodos de vacacións de Nadal que se establecen son: do 23 de decembro ao 30 de decembro. Do 30 de decembro ao 6 de xaneiro. O proxenitor non custodio no período que lle corresponda recollerá os fillos no domicilio familiar ás 20.00 horas, e reintegraraos o día de entrega as 12.00 horas no mesmo domicilio familiar. As vacacións de Semana Santa gozaranse conforme as vacacións escolares e serán divididas igualmente por metades, correspondendo un período a cada un dos proxenitores que será distribuído segundo o común acordo de ambos os dous, alternando cada ano as festividades co fin de poder gozar alternativamente ambos os proxenitores estas. Para o suposto de desacordo corresponderá a elección os anos pares ao pai e os anos impares á nai. Os períodos de vacacións de Semana Santa que se establecen son: do Domingo de Ramos ao Mércores Santo. Do Mércores Santo ao Domingo de Resurrección. O proxenitor non custodio no período que lle corresponda recollerá os fillos no domicilio familiar ás 20.00 horas e reintegraraos o día de entrega as 12.00 horas no mesmo domicilio familiar. Respecto ás vacacións escolares de verán, corresponderá a metade a cada un dos proxenitores segundo o acordo a que cheguen respecto aos períodos de desfrute. Para estes efectos, considerarase que as vacacións escolares dos menores serán os períodos en que, entre o comezo das vacacións de verán en xuño e a volta ao colexio en setembro, os fillos queden libres das estadías en campamentos, viaxes de estudos ao estranxeiro ou actividades similares, etc. Para o suposto de desavinza, corresponderá a primeira metade á nai nos anos impares e os pares ao pai. O proxenitor custodio facilitará a comunicación diaria dos fillos co pai, ben sexa telefónica ou por calquera medio electrónico ou audiovisual. Mentres dure o réxime de visitas que se establece nos períodos de vacacións cesará o establecido con carácter xeral. En todo caso, ambos os cónxuxes comprométense a interpretar de xeito flexible o anterior réxime de visitas e a que as súas decisións se orienten a protexer o superior interese dos menores, e por iso deben respectarse, en todo caso, os horarios dos nenos e das súas actividades.

– Que estableza a favor dos fillos comúns e a cargo do pai unha pensión de alimentos de 200 euros mensuais, 100 euros para cada fillo, actualizables anualmente. Tales aboamentos ingresaranse por adiantado, dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente número ES71 30700021736158122413 da entidade Caixa Rural Galega ou calquera outra que a partir deste momento se designe de forma escrita. As pensións serán actualizadas anualmente conforme o índice de prezos de consumo no mes de abril, ou organismo que o substitúa. Así mesmo, o pai contribuirá á metade dos gastos extraordinarios dos menores por seren estes no seu beneficio e interese. Sen expreso pronunciamento en custas.

Notifíquese a sentenza ás partes, indicándolles que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o seguinte á súa notificación, recurso do que coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo. Así o acordo, mando e asino, Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de adscrición territorial da provincia de Lugo adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Wilfredo Carreño Espinosa, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 5 de xullo de 2018

A secretaria