En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 9 de xullo de 2018, os estatutos da Asociación Galega de Autoescolas (Agada).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poderán ser membros as empresas, sexan persoas físicas ou xurídicas, que desenvolvan a actividade da formación de condutores na Comunidade Autónoma de Galicia, sexa cal sexa o seu domicilio ou sede social, e que teñan interese no desenvolvemento dos fins de Agada.
Asinan a acta de constitución: Raquel Pérez Ouviña, José Regos Rivas e José Ramón Romero García.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego