Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0117/2018-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0117/2018-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 16 de xullo de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0117/2018-PPM

David Regueira Martínez

54126261Q

Resolución

Ribeira Sacra, 21, 3 C, Mesoiro, A Coruña

PSC-CO-0120/2018-PPM

Carolina Silva Fernández

33285491Y

Resolución

Desmonte Fontería, 14, Escarabote, Boiro

PSC-CO-0177/2018-COP

Paulina Bermúdez González

35443253T

Resolución

Avenida A Coruña, 77, entr. M, Ribeira

PSC-CO-0186/2018-TRA

Luis Antonio Triñanes Triñanes

33287833W

Resolución

Rebordelo, 83, Boiro

PSC-CO-0195/2018-TRA

Modesto Gesto Bellón

32810046V

Resolución

Quistiláns, 4, Ames