Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 641/2017).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 641/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Vilasuso López contra Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa, Fondo de Garantía Salarial, María Ríos Varela, Juan Cebro Rodríguez, Alejandro Cebro Rodríguez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando en parte a demanda formulada por Natalia Vilasuso López contra a herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa, declaro a improcedencia do seu despedimento e a extinción da relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 10.799,55 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 27,85 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento (10 de agosto de 2017) ata a data desta sentenza, por importe de 8.939,85 euros. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Desestímase a demanda formulada por Natalia Vilasuso López contra María Ríos Varela, Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, Alejandro Cebro Rodríguez, que quedan absoltos de todos os pedimentos dirixidos contra eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG), que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, Juan Cebro Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexa auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018.

A letrada da Administración de xustiza