Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (4/2018).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 4/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Suárez Pardo contra a empresa Juan José López Díaz, Federico Sánchez Fernández-Armesto e Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por Sandra Suárez Pardo contra a empresa Global Group, Gestión de Obras y Servicios, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que lle aboe unha indemnización de 2.063,60 €, máis 13.401,22 € por falta de aboamento salarial máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10 % por mora.

Apróbase a desistencia respecto de Federico Sánchez Fernández-Armesto e Juan José López Díaz.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan José López Díaz, Federico Sánchez Fernández-Armesto e Sandra Suárez Pardo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza