Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35485

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 13 de xullo de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Por Orde desta Consellería do 31 de maio de 2018 (DOG nº 114, do 15 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 31 de maio de 2018 (DOG nº 114, do 15 de xuño), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: María Antonia Trueba Moreno.

DNI (*): *****240X

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.