Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2017269AL-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 30 de maio de 2018, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2017269AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade mercantil Lácteos 3 Jotas, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase á entidade mercantil Lácteos 3 Jotas, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte á publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2017269AL-PO.

Interesada: Lácteos 3 Jotas, S.L.

Documento de identificación: B27485671.

Último enderezo coñecido: avenida do Recinto Feiral, 15, 36540 Silleda.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: desestimatoria do recurso.