Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 92/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 92/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Villares Roca contra Prosenorsa, S.L., sobre ordinario, se ditou a Resolución do 23 de marzo de 2018 contra a cal non cabe interpor recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza