Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35284

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (PO 127/2017).

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, por este edicto

Anuncio:

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 127/2017, seguido por instancia de Amadora Roca Álvarez contra a entidade Imerso Natura, S.L., no cal se ditou a seguinte resolución:

Sentenza número 11.

Mondoñedo, 20 de febreiro de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A procuradora Tella Costa, na representación indicada e mediante escrito que por quenda de repartición correspondeu a este xulgado…

Segundo. Unha vez admitida a trámite a demandada mediante o Decreto do 23 de maio de 2017, tras varias indagacións do domicilio da demandada, emprazouse esta por medio de edictos pero non compareceu nin presentou escrito de contestación á demanda, polo que foi declarada en situación procesual de rebeldía.

Resolvo estimar totalmente a demanda interposta por Amadora Roca Álvarez contra a entidade Imerso Natura, S.L. e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de vinte e catro mil douscentos euros (24.200 euros), cantidade que se incrementará cos xuros legais desde o día 2 de maio de 2017.

Todo isto con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado e a súa admisión condicionarase a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao encontrarse a dita entidade demandada, Imerso Natura, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Mondoñedo, 3 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza