Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 12 de xullo de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Lezama.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Lezama e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante Mandamento do 5 de maio de 2015, do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, decretouse a adxudicación da concesión administrativa e da batea Lezama a favor de Bateamar, S.L. (B36159119).

Segundo. En acto de comparecencia do 22 de decembro de 2017, no Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, púxose de manifesto o recoñecemento da cotitularidade da concesión administrativa e da batea Lezama por parte de Bateamar, S.L. (B36159119) e de Ramón Santiago Rial (35424868S), ao constatarse que este último en ningún momento perdeu a súa condición de cotitular que xa posuía con carácter previo á adxudicación xudicial da devandita concesión administrativa e batea.

Terceiro. Mediante escrito do 2 de xullo de 2018, Manuel Abal Camiña (35285004Z), en nome e representación de Bateamar, S.L. (B36159119), solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Lezama.

Cuarto. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas dirección xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Bateamar, S.L. (B36159119) e Ramón Santiago Rial (35424868S), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lezama.

Situación:

Cuadrícula nº: 52.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 31.10.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Bateamar, S.L. (B36159119).

Novos titulares: Bateamar, S.L. (B36159119) e Ramón Santiago Rial (35424868S).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas da anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de xullo de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo