Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de xullo de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico Portosín para a modificación da concesión por ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada a este club para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Portosín (expediente 12-43-99-C-1).

O día 12.12.2017, o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da modificación da concesión por ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada ao Club Náutico Portosín para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Portosín, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia