Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35057

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2018 pola que se fai pública a selección do subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O 17 de xullo de 2018 o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ditou resolución de selección de Luis Lorenzo Mur para o posto de subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural, de conformidade coa proposta, do 9 de xullo de 2018, do tribunal de selección.

Polo que,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a selección de Luis Lorenzo Mur, para o posto de subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

Segundo. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural