Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (504/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Domínguez Domínguez contra a empresa Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Shivshi, S.L., administración concursal Gaviota XXI, S.L., Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. y Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva.

Tense por non anunciado o recurso de suplicación por parte da administración concursal de Confección Ideal, S.L. fronte á sentenza ditada o día 22 de xaneiro de 2018.

Modo de impugnación: mediante recurso de queixa. O dito recurso deberase interpor no órgano que debeu coñecer do recurso no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde a notificación desta resolución, e xuntarase copia desta resolución (artigos 189 da LXS e 495 da LAC).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Textiles, S.L. e Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L. e administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza