Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34953

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (896/2018).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 896/2018 IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 36/2016 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrentes: Manuel Teijido Pan, Óscar Luis Amado Porteiro, Jesús Regueira Facal

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Recorridos: Fogasa, Semcor 3000, S.L., administración concursal Semcor 3000 (Economical Jurist, S.L.P.)

Avogados: Letrado do Fogasa, Estefanía Suárez Grille

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 896/2018 desta sección, seguido por instancia de Manuel Teijido Pan, Óscar Luis Amado Porteiro, Jesús Regueira Facal contra Fogasa, Semcor 3000, S.L., administración concursal Semcor 3000 (Economical Jurist, S.L.P.) sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Lidia Vázquez Méndez, en nome e representación de Manuel Teijido Pan, Óscar Luis Amado Porteiro e Jesús Regueira Facal, contra a sentenza de data do 16 de outubro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, en autos seguidos por instancia dos recorrentes fronte á empresa Semcor 3000, S.L., en situación de concurso de acredores, sobre cantidade, en que foron citados como parte o Fondo de Garantía Salarial e a administración concursal da empresa Semcor 3000, S.L., debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Para que sirva de notificación en legal forma a Semcor 3000, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza