Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 35009

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de competencias en materia de xestión tributaria.

A Deputación de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que aproba a proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, e que foi modificado polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as citadas Bases, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello de Quiroga sendo tamén publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincial nº 286, do 13 de decembro de 2008 publícase a reforma das citadas bases e a última reforma publícase no BOP nº 31, do 8 de febreiro de 2016.

O Concello de Quiroga amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria extraordinaria, que tivo lugar o día 1 de marzo de 2018, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto nº 1163, do 25 de maio de 2018), segundo o tenor literal seguinte:

«1º. Aceptar a delegación do Concello de Quiroga, a partir da publicación no BOP e no DOG, que literalmente di:

“Primeiro. Aprobar a delegación de competencias á Deputación Provincial da xestión en período voluntario do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana –plusvalía– conforme as bases aprobadas pola Deputación Provincial de Lugo”.

2º. Acordar a publicación da presente delegación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia».

Lugo, 2 de xullo de 2018

O presidente da Deputación
Provincial de Lugo
P.D. (Decreto nº 1357/2016, do 1.7.2016)
Mayra García Bermúdez
Deputada delegada de Economía,
Recadación e Facenda

Cristóbal Víctor Fraga Bermejo
Secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo