Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 35007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do arrendamento, con opción de compra e mantemento, dun incubador para cultivo embrionario con tecnoloxía time lapse, para a Unidade de Reprodución Humana Asistida do Hospital Clínico Universitario (expediente AB-EIS1-18-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-18-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra e mantemento, dun incubador con microscopio de cámara rápida ou embrioscopio incorporado para realizar os cultivos embrionarios in vitro, para a Unidade de Reprodución Humana Asistida do Hospital Clínico Universitario, pertencente á Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33152000-0.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 58.700,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 58.700,00 euros. Importe total: 71.027,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2018.

c) Contratista: Biocare Europe España, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 58.580,00 euros. Importe total: 70.881,80 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela